lunes, 29 de octubre de 2012

Samaín


 O Samaín e unha celebración semellante ao Halloween  que se celebra o mesmo día, a noite do 31 de outubro cada ano (aínda que se fixeron esforzos para convertela noutra festividade diferente e máis semellante á orixinal), principalmente en Galicia e Irlanda, debido aos seus orixes celtas.

A lenda di que nesta noite, todos os espíritos e mortos levántanse das suas tumbas para ver a Terra unha vez máis. As semellanzas coa noite de Halloween no son so con respecto ao día, senón que o símbolo das dúas festividades é a cabaza e se realiza de forma similar, indo así os rapaces disfrazados con temática de terror polas casas mentres piden caramelos e similares (aínda que esta actividade é reservada principalmente para os nenos menores aos doce ou trece anos), vendo películas de terror como a película de John Carpenter “A noite de Halloween” ou realizando cabazas luminosas vaciando o seu interior, realizándolle unha cara e poñendo unha luz dentro. Estas cabazas son chamadas en Estados Unidos “Jack’o’lantern” e en España “Jack o lanterna” e sitúanse nos xardíns e entradas das casas para adornar. Os disfraces máis utilizados nos últimos anos son principalmente de peliculas de terror como Jason de Venres 13 ou Freddy Cruger de Pesadelo en Elm street, aínda que hai excepcións como o disfraz de esqueleto ou o de home sen cabeza. A comida típica do Samaín, aparte das cabazas, son uns sobremesas chamados chulas ou os chamados ósos de santos, que tamén están feitas con cabazas. A xente nova tamén soe realizar festas nas súas casas que tenden a durar ata a mañá seguinte, xa que o 1 de novembro é festivo, e na que se realizan as actividades mencionadas anteriormente. Desgraciadamente na actualidade a xente non toma esta festividade en serio no tema do terror e non se esforzan como antes, xa que a maioría da xente non é orixinal a hora de planealo todo. 

Pero este é o Samaín actual, que non se semella moito ao orixinal celta e está inspirado principalmente no Halloween estadounidense , na  que a xente que practicaba a relixión do druísmo se realizaban alabanzas aos seus antepasados. Co paso do tempo, esta data pasou a considerarse o “Fin de ano celta” e, na actualidade, o “Día de todos os santos”.

No instituto festexamos  o Samaín realizando murais ou figuras relacionadas coa tradición que logo entran nun concurso. Algunhas aulas, realizan outras actividades a parte dos murais, como por exemplo unha casa do terror que logo van visitar os outros cursos.

A miña opinión sobre o Samaín é que , debido a súa popularidade e conexión co Halloween que é celebrado en Estados Unidos, seguirá realizándose esta festividade durante moito tempo, pero como todo,a medida que pasa o tempo, comezarase a realizarse menos que antes e chegará un día no que remate e o mundo esqueza o entretido e famoso  que chegou a ser algunha vez nos nosos tempos.

martes, 23 de octubre de 2012

Bienvenidos


Me llamo Xoán y este es un blog para la asignatura de Informática. El contenido de este blog serán principalmente trabajos de clase.
Un saludo.