lunes, 7 de enero de 2013

Estamos espidos en internet?


O documental da canle Cuatro trata sobre a seguridade de internet e sobre a facilidade coa que se poden atopar cousas sobre unha persoa en concreto sabendo só o seu nome.
Ao comezo do documental, un dos realizadores ofrécese voluntario para dar o seu nome e que busquen cousas acerca del. En poucos minutos, o experto ao que lle piden esta tarefa sabe moitos dos datos do realizador, incluíndo vivenda, familia e outras propiedades. Despois, a presentadora vai as oficinas de Google en Madrid, onde lles informan que é unha cookie, como funcionan e para que serven, chegando a conclusión de que non son tan malas como parecen. Tras eso, van a axencia española de protección de datos, onde advirten que no correo electrónico tamén é perigoso dar datos, xa que despois podes recibir correos electrónicos de publicidade da que ti non tes nada que ver nin consultaches nunca nada respecto a eso. Máis tarde trasládanse a Barcelona, onde contactan cunha víctima dun engano a través de internet que lles explica que ,ao entrar na súa conta de correo, recibiu un correo no que poñía que realizara unha transferencia de máis de 2000 euros a outra conta, pero el non fixera. Todo isto foi causa de que lle pediron os datos nunha páxina que el cría a da empresa, pero que non o era. Tras isto, a presentadora tenta contactar cun hacker por internet e consigue contactar con un que se considera “branco”, é dicir, que non realiza actos ilegais. Ao preguntarlle si podería conseguir datos dela a través do correo electrónico que lle enviou e a chamada telefónica que mantiñan nese momento, dixo que podería conseguir un perfil moi aproximado. Concertan unha cita e a presentadora descubre que o hacker non ten nada que ver cos estereotipos que toda a xente imaxina, xa que é unha persoa normal que traballa de técnico de seguridade nunha gran empresa. A través dun programa de internet chamado “Caín”, o hacker demóstralle a presentadora o fácil que é conseguir o contrasinal dunha conta de correo, probándoo ela mesma no seu correo, ou como comprar cousas por internet máis baratas.Despois da demostración, chega o hacker “malo”, que se achega máis ao estereotipo de hacker que tiña en mente a presentadora. Este hacker di que a lei é un obstáculo para realizar estes actos e que sempre se vive con medo a que te detecten, por moi protexido que esteas. Despois da entrevista cos hackers, visitan unha sucursal da empresa S21sec en Madrid, que se dedica á protección de ordenadores, onde lles explican os intereses que soen ter os piratas informáticos.

Na miña opinión, deberíase mellorar a seguridade e a vixilancia en especial no tema dos contrasinais, pero por moito que se mellore, sempre se creará algo que poderá eliminar esas barreiras.