Esta é a imaxe máis sinxela de realizar. So precisas a imaxe da rama que ven no enlace anterior. Creas un fondo blanco e píntalo de azul. Despois, recortas toda a rama con cuidado. Pégalo como unha capa nova na imaxe do fondo azul e listo.
Nesta imaxe, só tes que recortar a flor da súa imaxe e pagala como unha capa nova na imaxe da posta de sol. Despois colócala e listo.

Para realizar esta imaxe tes que seguir os mesmos pasos que no exemplo anterior. recortas o avión con cuidado, pégala como unha capa nova na imaxe do sol, colocas o avión e listo.
Esta imaxe é un pouco máis complicada de realizar. Tes que seleccionar as ferramentas de selección circular e selección rectangular coa opción engadir a selección actual na caixa de ferramentas. Realizas as selección como as da imaxe que ves a esquerda. Cortas esas selección e pegalas noutra capa como unha capa nova.
Este é unha montaxe libre, así que podes utilizar as imaxes que queiras. O único que tes que facer é buscar unha imaxe de fondo e outras que colocar por diante. Só tes que recortar as imaxes pequenas e pegalas como unha capa nova na imaxe do fondo.
Bueno, isto é todo por agora, pero pode que nuns poucos días publique outra entrada máis sobre Gimp.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario